lunes, 17 de marzo de 2008

Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

O Observatorio Galego dos Medios (asociado a Media Watch Global) do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebra, dentro do seu Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social un Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

Obxectivo: analizar, estabelecer e fortalecer os vínculos entre o tecido organizativo da sociedade civil (o Terceiro Sector), os profesionais da comunicación e a comunidade académica.

O Foro vai tomar forma a través dun encontro virtual na Internet, que vai transcorrer entre o 17de marzo ao 26 de abril de 2008, e unha xornada presencial, a celebrar o sábado 26 de abril en Vigo.

A participación é gratuíta e pode, en función das posibilidades de cada un, englobar unha ou ambas as dúas modalidades

Neste sentido, queremos convidar ás distintas organizacións do Terceiro Sector a enviarnos as súas impresións sobre a relación entre Comunicación e Minorías Étnicas. Estas poden realizarse en forma de experiencias, historias de vida ou ideas xerais sobre calquera tipo de relación que se produza entre estes dous ámbitos (organización do traballo de comunicación da organización, visión nos medios das minorías ou a comunidade inmigrante, realización de medios de información con ou sobre minorías, etcétera). Os textos van ser publicados nas actas do foro, editadas en formato CD (con ISBN).

Por outra banda, animamos tamén ás distintas organizacións a participaren dos debates do foro, suxeríndolles ademais que difundan esta información a través de portais, listas de correo, etc., na medida das súas posibilidades.


No hay comentarios: