sábado, 12 de diciembre de 2009

Magosto antimilitar



Se as palabras serven para designar o mundo tal cal é, a palabra guerra debería designar a barbarie e non outra cousa. Pero posto que xa nada é o que parece, a guerra ben podería incorporarse ao noso vocabulario como unha das tantas maneiras de citar o progreso.

É entón cando a guerra equipárase á democracia ao estremo de ser unha e a mesma cousa. Unha democracia máis preocupada por estender o seu dominio absoluto sobre aquelas sociedades consideradas atrasadas que por facerse útil aos ollos dos nosos contemporáneos.

Así o sinnúmero de conflitos bélicos que a día de hoxe marchan sobre a vida de millóns de persoas ao longo e ancho dos cinco continentes, responderían mellor a unha cuestión de carácter humanitaria, segundo o parecer dunha ONU transmutada en oficina de recrutamento militar, que non a unha estratexia común en materia expansionista.
Leer mais

No hay comentarios: