miércoles, 23 de febrero de 2011

O Grupo BDSVigo convida a apresentaçom do libro “El judío errado” na contorna da xira galega do xornalista Alberto Pradilla

O Grupo BDSVigo convida a apresentaçom do libro “El judío errado” na contorna da xira galega do xornalista Alberto Pradilla.

Alberto Pradilla o autor deste libro conxugou a investigación, o rigor xornalístico e a experiencia persoal para chamar a atención sobre unha das bases do conflito arabe-israelí: o propio Estado de Israel. A crónica e as entrevistas con algúns dos protagonistas do devandito conflito achégannos á mentalidade e forma de ser dun estado colonial que, ademais de con os seus veciños, ten un grave problema consigo mesmo. Esquerda e dereita; ultraortodoxia e laicismo; movementos prol-palestinos e colonos xudeus completan unha mestura explosiva que fai de Israel un país que se define como xudeu e democrático pero que en realidade é democrático para os xudeus e, por encima de todo, xudeu para os palestinos.
Alberto Pradilla:  Xornalista Iruñes nado en 1983. Licenciado en Xornalismo traballa como freelace. Durante os últimos anos a colaborado con medios como Gara, Diario de noticias, Argia, Berria , Radio Euskadi , Avui, La voz de Galicia, Les noticies, e La Jornada cubrindo diversos acontecementos en lugares como Palestina, Líbano, Siria, Kurdistán ou Marrocos.
O acontecemento terá lugar na Casa Galega dá Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo) o 25 de febreiro ás 19 horas.

No hay comentarios: