viernes, 6 de mayo de 2011

O partido verde comeza a súa campaña en vigo cunha pegada en Bouzas

O partido verde  comeza a súa campaña en Vigo cunha pegada en Bouzas, ieste é un resumo do seu programa para Vigo.

El cabeza de lista Carlos Leiro
1º Prioridade da nosa campaña, é crear axudas financeiras e excepcións fiscais, e todo o que estea nas nosas mans para a reactivación total de autónomos e pemes.

Atendendo todos os proxectos (previo estudo) que se consideren viables, sobre todo os que teñan conciencia co medio ambiente.

2º Outra prioridade e en importancia á vez coa primeira: construción inmediata dun centro de inclusión social (non un albergue), autogestionado con talleres ocupacionais, atención de día, destinado a calquera tipo de persoa en situación de emerxencia ou en risco de correla.

Los candidatos 
Creación en terreos municipais ou cedidos por algunha mancomunidade (sempre que se chegue a un acordo), un ou varios pequenos pobos, construídos a modo bungalows ou casas de madeira (non agresiva coa contorna natural) e rodeadas de hortos ecolóxicos (impartiríanse cursos de formación en agricultura sustentable) cesión de espazos gratuítos en mercados municipais ou a creación dun mercado específico.

3º Distribuiranse locais propiedade do Concello entre calquera asociación solidaria (exemplo, ONGS) creando unha federación.

4º Outra prioridade dentro da nosa campaña, é a reactivación da ría de Vigo e a súa contorna.

Independentemente dos investimentos de cemento, fábricas de coches, multinacionais que xa coñecedes, non dicimos que estea mal sempre que o fin justifique os medios.

No hay comentarios: