lunes, 7 de mayo de 2012

Membros da Liga Estudantil Galega de Vigo comezaron no día de hoxe un peche na Biblioteca de Torrecedeira contra a suba das taxas

Os membros da Liga Estudantil Galega de Vigo comezaron no día de hoxe un peche na Biblioteca de Torrecedeira contra a suba das taxas anunciada polo Goberno central.

Como xa denunciamos con anterioridade, desde a Liga Estudantil Galega opómonos a esta medida, que, entre outras cuestións, suporá un aumento de até o 66% da matrícula universitaria, o que fará que o seu prezo rolde, de media, os 1.500€ en primeira convocatoria. A partir da 4ª matriculación terase que sufragar a suposta “totalidade do custe” do crédito (máis de 6.000€ por curso completo), que na realidade suporá un pagamento do 200% do custe real, xa que o baremo empregado contabiliza aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado. Ler completo

No hay comentarios: