jueves, 31 de mayo de 2012

Triloxía. "El ser humano da asco" Teatro Ensalle

El ser humano da asco é como demos en chamar á triloxía que reúne, 105 pasos o la mecánica de la carne, La última fila y La maleza.  

Trátase dun agasallo, un agasallo para o público, que poderá ver como se mesturan os espazos escénicos, os personaxes e as "historias", e un agasallo para nós, que necesitabamos despedirnos con algo extraordinario dunha serie de pezas que marcaron unha época na compañía, que nos levaron a Arxentina, Uruguai e México e que dentro de España permitiron que o noso traballo se vise en máis de 20 cidades, con case 200 funcións entre o tres A triloxía verase un só día porque para o equipo é sinxelamente esgotadora, case 4 horas de función, cunha mínima pausa, cun traballo escénico e de iluminación realizado especialmente para ese día tan especial.


Ficha artística:
Artús Rei, Raquel Hernández, José Martínez, Gabriel Celester, Eva Alfonso y Jorge Rúa. Dirección, texto e iluminación: Pedro Fresneda. Música en directo: G. Celester y J. Martínez. Creación coreográfica: R. Hernández, A. Rey, J. Rúa y E. Alfonso, co apoio de Carmen Werner. Fotografía: Iván Jérez y Bieito Rey. Distribución: J. Rúa. Web: David Santos.


Esperámosvos no Teatro Ensalle o sábado 2 de xuño ás 22 hs.


No hay comentarios: