jueves, 12 de julio de 2012

As hortas colectivas urbanas

horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo) 
As hortas colectivas urbanas multiplicáronse nos últimos anos en moitas cidades do mundo e seguramente veremos moitas máis nun futuro próximo, son varias as razóns para promocionalas e realizalas.

Entre elas recuperar as relacións veciñais, sanear o medio-ambiente urbano e por que non obter alimentos, non se me ocorre neste momento ningún punto negativo que poida argumentarse para que os habitantes das cidades non as realicemos.

A Asociación Galega de Horticultura Urbana, pretende ser un nucleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias, productos e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas, podes informarte máis no seu sitio web hortaurbana.info

Fotos da horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo)




No hay comentarios: