miércoles, 27 de febrero de 2013

Amnistía Internacional Vigo organiza unha xornada informativa co especialista en comercio de armas Juan Álvarez-Íñiguez

Amnistía Internacional Vigo organiza unha xornada informativa co especialista en comercio de armas e activista da ONG Juan Álvarez-Íñiguez.

O vindeiro mércores 27 de febreiro, ás 19:30h., terá lugar, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra (Praza San José nº3) unha charla/entrevista informativa co especialista Juan Álvarez-Íñiguez, actual coordinador do Equipo de Armas do Secretariado Estatal de Amnistía Internacional.

Un Tratado sobre o Comercio de Armas efectivo non é un tratado de prohibición de armas, senón que debe garantir que os Estados controlan rigorosamente a exportación, importación e transferencia internacional de todo tipo de armas de uso militar, policial e de seguridade, incluíndo equipos, munición e formación. Isto é esencial para impedir que se utilicen estas transferencias para cometer ou facilitar que se cometan violacións graves de dereitos humanos ou que se desvíen ao comercio ilícito, ao mercado ilegal ou a usuarios finais ilexítimos que, ademais, acaban freando o desenvolvemento socioeconómico e contribuíndo á pobreza.

AI Vigo

No hay comentarios: