lunes, 27 de mayo de 2013

Obradoiro de horta en finca ecolóxica en Redondela

Trala xornada de traballo na horta urbana de Ourense, Amigos da Terra convídache a un segundo obradoiro práctico, desta vez na finca ecolóxica "Horta do Cadaval", en Redondela. Os labregos  Jacobo Ojea e Belén Fervenza, ábrennos a súa horta para compartir os seus coñecementos e ensinarnos a cultivar os nosos propios alimentos

Se asistiches ao II curso de horto ecolóxico, poderás poñer en práctica todo o aprendido e, se non, esta será unha oportunidade inmellorable para iniciarte na agricultura ecolóxica. Ademais, as actividades previstas capacitarannos para participar no proxecto de horta comunitaria que estamos a artellar en Vigo e que iniciaremos proximamente. Aactividade é gratuita e aberta a calquera persoa interesadaApúntate xa!

Data e hora: sábado 1 de xuño (ás 10:00 horas)
Lugar: Reboreda, Redondela 
Máis información:  cooperacion@amigosdaterra.net

No hay comentarios: